José Díaz Chaves, finado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1963,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Fillo de José Díaz Domínguez e María Chaves Nogueira, de Calo. Emigrou a Cuba, onde se dedicou ao comercio. Retornou a Galicia nos anos vinte e estableceuse en Campo Lameiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Campo Lameiro.
Vida persoal
Casou en Campo Lameiro con María Barros Fernández en 1924,[2] e foi pai de José Miguel e Ramón Díaz Barros. Foi tío de Santiago Montero Díaz.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-9-1963, p. 23.
- ↑ El Compostelano, 22-5-1924, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas