José Carlos Vidal Suárez, nado en Ribeira en 1957,[1] é un historiador, bibliotecario e político galego de Nós Pobra.
Traxectoria
En 1981 licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Arqueoloxía. Despois estudou na Escola Naval Militar de Marín. Traballou como bibliotecario na biblioteca pública da Pobra do Caramiñal.[2]
En 2023 foi elixido alcalde cos votos de Nós Pobra, BNG, PSdeG e VIxP, cos que forma un goberno de coalición. O acordo foi posible trala renuncia dos números un e dous da lista de Nós Pobra á alcaldía[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos