Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
José Araújo.
José Araújo Fernández, nado en 1971 en Mosela, é un empresario e político galego.
Traxectoria
Diplomouse en ciencias empresarias no Campus de Ourense. Empresario do sector dos videoclubs, chegou a ter tres na cidade de Ourense.[1] Foi xerente do Festival de Cine Internacional de Ourense (2002-2003). Militante do Partido Popular foi concelleiro dende 2003 e tenente de alcalde e voceiro popular no concello entre 2015 e 2019. O 29 de xaneiro de 2019 renunciou a todos os seus cargos[2] e o 12 de febreiro anunciou a súa marcha a Ciudadanos e a súa candidatura á alcaldía de Ourense.[3]
Notas