José Antonio Quiroga Díaz, nado no Saviñao en 1960, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor no IES Lama das Quendas de Chantada (1988-1998), director de EETT Terras do Saviñao (1993-1996), profesor e director do Colexio Dr. López Suárez (2000-2004), e despois director provincial SPEE-INEM da provincia de Lugo (2004-2011) e do Ecomuseo de Arxeriz.
Foi concelleiro no Saviñao (1995-2015). Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo. En 2018 foi nomeado presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas