José Alonso Vieites, nado en 1885 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1965, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
Industrial panadeiro instalado na rúa das Hortas de Santiago de Compostela. Adscrito ao Partido Republicano Gallego, na República foi concelleiro de Santiago de Compostela. Foi presidente da Unión Protectora de Artesanos.[1] En 1935 era vogal do Comité directivo do Partido Nacional Republicano.[2] Finou en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1965.[3][4]
Vida persoal
Casou con Teresa Puente Carracedo, irmá de Eduardo Puente Carracedo, e foi pai de Antonio, Libertad, José, Eduardo, Jesús, Alicia Teresa, Fernando, e Enrique Olegario Alonso Puente.
Notas
- ↑ El Compostelano, 24-1-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 12.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes da Coruña, 13-9-1965, p. 4.
- ↑ La Noche, 13-9-1965, p. 2.