José Ángel Penas García, nado en Toques en 1980, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Enxeñeiro técnico agrícola. Nas eleccións municipais de 2007 foi o número 2 da candidatura do BNG en Toques, se ben non resultou elixido. Foi candidato á alcaldía en 2011 e logrou 2 concelleiros. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura nacionalista e logrou de novo 2 edís, sendo e elixido alcalde co apoio dos tres concelleiros do PSdeG-PSOE.[1] En xaneiro de 2018 cedeulle a alcaldía ao candidato do PSdeG Miguel Ángel Buján Varela, en virtude do pacto de goberno alcanzado por ambas as formacións.
Esta situación repetiuse nas eleccións municipais de 2019. A candidatura do BNG obtivo catro concelleiros, por tres do Partido Popular e dous do PSdG, polo que se acordou repartir novamente a alcaldía. O candidato socialista ocupouna até o 18 de xuño do 2021, pasando naquel momento novamente a José Ángel Penas.[2]
Nas eleccións municipais de 2023 acadou novamente a alcaldía, esta vez con maioría absoluta, ao obter 6 dos 9 concelleiros da corporación.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas