Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Jorge Lamas.
Jorge Lamas Bértolo, nado en Beariz en 1970, é un arqueólogo e escritor en lingua galega.[1]
Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, campus de Ourense, obtivo o grao de máxima cualificación pola súa tese de licenciatura.
É membro e máximo responsábel da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Centro de Estudos IES Manuel Chamoso Lamas, na comarca do Carballiño.[2][3]
É autor de diversas publicacións relacionadas coa arqueoloxía e a prehistoria sobre a comarca do Carballiño, e de distintos artigos relacionados coa investigación arqueolóxica en xeral.
Exerce como arqueólogo profesional desde o ano 1999, dirixindo e participando en proxectos por toda Galicia. Froito desta actividade, escavou e puxo en valor xacementos de distintas etapas, estudando mámoas, castros, asentamentos romanos, fortalezas medievais e modernas etc.[4][5]
Acrecenta o traballo de arqueólogo co de divulgador científico, a través de congresos e visitas guiadas sobre o patrimonio cultural.[6]
Obra
Artigos
- García Valdeiras, Manuel (coautor) (2000). "O Fenómeno tumular do Concello de Beariz". Minius. Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (Universidade de Vigo) (VIII): 47–59. ISSN 1131-5989.
Notas