Jorge Cubela López, nado en Pontevedra o 27 de febreiro de 1989, é un político galego do PPdeG. Actualmente é o alcalde de Cerdedo-Cotobade.
Traxectoria
Licenciado en Dereito e afiliado a Novas Xeracións. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Concello de Cotobade e foi elixido alcalde con maioría absoluta[1].
Trala fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade en 2016, Jorge Cubela foi nomeado presidente da Xestora que rexeu o novo concello de Cerdedo-Cotobade ata as eleccións municipais de 2019.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 foi elixido primeiro alcalde do novo concello con 65,49% dos votos (9 concelleiros de 13 elixibles).[3] Nas municipais de 2023 conseguiu 68,8% dos votos e sumou 10 concelleiros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas