John White, nado en Mount Isa (Queensland) o 15 de xuño de 1973, é un ex-xogador de squash escocés, que foi número 1 do mundo entre marzo e abril de 2004.
Traxectoria
Comezou a xogar a squash influído polos seus pais, xogadores amadores e súa nai tamén traballaba nun club de squash[1]. Malia nacer e criarse en Australia, nas competecións internacionais sempre representou a Escocia. En 1991 comezou a súa etapa como xogador profesional de squash en Europa mais non foi ata 1997 que logrou a súa primeira vitoria, no circuíto italiano[2]. White terminou subcampión no World Open e máis no British Open en 2002. Gañou o título de PSA Masters en 2003 ao bater a Thierry Lincou por 15–8, 17–15 e 17–16. Tamén gañou o campionato británico en 2004 logo de vencer a Lee Beachill por 17–16, 17–14, 14–15 e 15–8. En marzo de 2004 acadou o liderado mundial
Coñécese a White pola forza das súas batidas na bóla, con velocidades moitas veces por riba de 266 km/h. Un dos seus saques chegou a 273,5 km/h no Canary Wharf Squash Classic de 2004 e permaneceu como mellor marca ata o 3 de outubro de 2011 ao chegar unha bóla de Cameron Pilley aos 281,6 km/h no US Open[3].
En 2007 White asumiu o posto de director de squash e adestrador xefe do Franklin & Marshall College en Lancaster en Pensilvania. No ano seguinte retirouse da alta competición logo de perder diante James Willstrop na segunda rolda do Campionato do Mundo[4].
Dende 2011 White é adestrador principal dos equipos universitarios de squash masculino e feminino da Universidade Drexel en Filadelfia[5].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas