John A. Garcia, nado en Galicia en 1949, é un emprendedor e filántropo estadounidense, fundador da empresa de videoxogos NovaLogic.[1][2].
Traxectoria
Garcia naceu en Galicia mais marchou coa súa familia sendo neno para os Estados Unidos fuxindo da ditadura de Franco.[3][4][5] Estudou na London Film School e tentou fundar unha industria do cinema nos Emiratos Árabes Unidos. Trasladouse a California e ingresou na compañía Datasoft, da que chegou a ser vicepresidente. En 1985 fundou Novalogic, da que foi presidente ata a súa venda no 2016 a THQ Nordic. Entre os videoxogos que lanzaron están a saga Comanche e as sucesivas entregas de Delta Force.
Vida persoal
É irmán do oncólogo Francisco Garcia-Moreno e pai de dous fillos.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas