Johannes Legrant, tamén coñecido polos nomes de Jean Legrant e de Jan le Grant, foi un músico francoflamengo de orixe francesa activo entre os anos 1420 e 1450, pertencente á escola de Borgoña[1]. Semella non ter relación ningunha co seu homónimo, Guillaume Legrant, compositor coetáneo tamén pertencente á escola francoflamenga.
Traxectoria
Pouco se sabe sobre a súa vida de Legrant nos primeiros anos do século XV. En 1423 e 1424, era músico e probablemente vicario na Colexiata de San Vicente de Soignies, unha institución cunha actividade musical importante. Foi tamén cantante na catedral de Anveres entre 1441 e 1443, segundo consta nos rexistros eclesiásticos.
Obra
O estilo de Jean Legrant é semellante ao do inicio daescola de Borgoña, e amosa claras influencias dalgúns dos primeiros traballos de Guillaume Dufay e de Gilles Binchois. Compuxo pezas melódicas de estilo elegante, ao xeito típico de Borgoña, particularmente rondós e baladas.
É salientable a súa balada Entre vous, nouviaux mariés[2]), así como catro obras sacras, particularmente unha gloria para dúas e tres voces, e un credoa tres voces.
Obras conservadas
- Las je ne puis (rondó)[3].
- Entre vous, nouviaux mariés (balada)[4].
- Se liesse (rondó).[5]
Notas
- ↑ Johannes Legrant en Encyclopédie Larousse.
- ↑ Entre vos Nouviaux Maries Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.. En Asteria. Late medieval vocal and instrumental music.
- ↑ Composicións de Jean Legrant. En Allmusic.com.
- ↑ Concerto da BBC Arquivado 09 de abril de 2014 en Archive.is.
- ↑ Johannses Legrant. The Spirits of England & France. Vol. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
- Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York. W. W. Norton. 1954. [ISBN 0-393-09530-4]