Johanna Virtanen é unha cantante finlandesa nada en 1976 que dende o 2001 forma parte do grupo folk finlandés Värttinä, ademais de formar o dúo Kuunkuiskaajat con Susan Aho (tamén integrante de Värttinä), grupo que representou a Finlandia en Eurovisión en 2010. Johanna estudou música folk no Conservatorio Central de Ostrobotnia en Kokkola, así como na Academia Sibelius de Helsinqui, onde actualmente estuda folk e canto.