Joaquín María José Dionisio Francisco Borja de la Sagra Perís, nado na Coruña o 9 de outubro de 1784[1] e finado en Montevideo o 26 de marzo de 1851,[2] foi un xurista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Lorenzo Martínez de la Sagra (procedente dunha familia de Xaén, con intereses comerciais no río da Prata) e Antonia Rodríguez Perís, foi irmán de Ramón de la Sagra. Con dezaseis anos emigrou a Uruguai. Pertenceu á masonaría e introduciuse nos círculos masónicos do Uruguai, chegando a Mestre da loxa "Perfeita Amizade” e en 1827 pertencía tamén a "Les Amis de la Patrie". Foi membro e refundador en 1818 do Hospital de Caridad e Casa de Expósitos de Montevideo. En 1821 era Secretario da Hermandad de Caridad. Foi membro do Consello de Estado e da Asemblea de Notables. Contribuíu á independencia do Uruguai, durante o sitio grande de Montevideo creou un corpo de voluntarios que mandou el mesmo co grao de coronel.
O 13 de xullo de 1839 foi nomeado membro do Tribunal de Xustiza. En 1848 formou parte da Asociación Nacional.
Notas
- ↑ Almanaque gallego 1906, p. 95.
- ↑ Segundo outras fontes finou o 26 de maio.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas