Jesús Eugenio Pérez Pérez, nado na Cañiza o 25 de decembro de 1886[1] e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre da parroquia das Achas. Militante do PSOE. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo 15 días preso. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Antonio Mojón Vázquez, Tirso Gómez Freijido e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.[2]
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.
Véxase tamén
Ligazóns externas