Jesús Busto Salgado, nado en Cambados o 12 de outubro de 1943, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Licenciado en Matemáticas, é profesor de Instituto de Bacharelato. Foi Profesor do Colexio San Pablo CEU (Madrid) e profesor de Matemáticas do IES Otero Pedrayo de Ourense. Foi director Provincial do Ministerio de Educación en Ourense (1981-1982). Foi elixido deputado do Congreso pola provincia de Ourense na III e IV lexislaturas (1986-1993). Foi membro da executiva de Centristas de Galicia. Foi director do CIDE (Centro de Investigación e Documentación Educativa) en 1999.
Vida persoal
Casou con María Concepción Ramos Salgado.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas