Jesús Romero Suárez, nado en Beba (Mazaricos) o 23 de novembro de 1899[1] e finado en Guiliade (Betanzos) en xaneiro de 1949, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
Mestre. En 1921, na guerra do Rif, foi destinado a Marrocos co Batallón Expedicionario de Rafael Dieste. Con Dieste e Xosé María Brea, con quen despois continuou a amizade, editaron a revista manuscrita Charamuscas. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1925.[2] Foi nomeado mestre interino en Cima de Aranga (Aranga) en setembro de 1925,[3] e mestre substituto de Beba en 1928.[4] Aprobou as oposicións en 1930,[5] e foi nomeado mestre de Piadela en 1931.[6]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e cesado en agosto.[7] Reposto pola Comisión Depuradora, en xuño de 1938 foi destinado a Pezobre (Santiso).[8] En setembro de 1940 resolveuse o seu expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo por dous meses e traslado forzoso fora da provincia.[9] Foi destinado a Oviedo, e en xullo de 1947 concedéronlle o traslado a Cabo de Cruz (Boiro).[10]
Vida persoal
Casou con María Veiga López.
Notas
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 58.
- ↑ El Compostelano, 29-5-1925, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 10-9-1925, p. 1.
- ↑ El Eco de Santiago, 13-3-1928, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 5-9-1930, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 11-4-1931, p. 3.
- ↑ Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 21-8-1936, p. 1.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-6-1938, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 28-9-1940, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 10-7-1947, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía