Jeffrey Shears Ashby, nado en Dallas, Texas, o 16 de xuño de 1954, é un astronauta e piloto de probas estadounidense retirado que formou parte das misións STS-112, STS-93 e STS-100.[1][2]
Traxectoria
Ashby graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade de Idaho en 1976 e é máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee en 1993.[1][2]
Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-112, STS-93 e STS-100 e pasando un total de 27,68 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Ashby, Jeffrey Shears 'Bones'" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 2018). "JEFFREY S. ASHBY (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos