Jeff Rosenstock

Modelo:BiografíaJeff Rosenstock

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
EducaciónBaldwin Senior High School (en) Traducir
Rocky Point High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoQuote Unquote Records (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webjeffrosenstock.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2152076 Facebook: jeffrosenstockmusic Twitter: jeffrosenstock Instagram: jeffrosenstock Bandcamp: jeffrosenstockSouncloud: jeff-rosenstock-official Spotify: 0wNZvrIMNUCs24G0wFg2D6 iTunes: 664958836 Musicbrainz: 14892f45-a103-44f2-bb18-ee4a20d7876e Songkick: 5806184 Discogs: 1570913 Allmusic: mn0002074357 Deezer: 4934801 Genius: Jeff-rosenstock Editar o valor en Wikidata

Jeff Ernest Rosenstock,[1] nado o 7 de setembro de 1982, é un músico, multiinstrumentista, cantante e compositor estadounidense procedente de Long Island, Nova York. É coñecido polas súas anteriores bandas Bomb the Music Industry! e The Arrogant Sons of Bitches, ademais de polo seu traballo como artista en solitario e como compositor para Craig of the Creek. É fundador de Quote Unquote Records, o primeiro selo discográfico baseado en doazóns.[2]

Biografía

Primeiros anos

Jeffrey Ernest Rosenstock medrou en Baldwin, unha localidade de Long Island.[3] A súa nai era unha profesora de arte xudía e o seu pai era un avogado católico alemán. Rosenstock identifícase como xudeu. A súa irmá é a guionista de televisión e dramaturga Kim Rosenstock.[4]

Carreira

Rosenstock formou a súa primeira banda, The Arrogant Sons of Bitches (ASOB) en 1995, cando el e o seu amigo Joe Werfelman decidiron non asistir ao funeral doutro amigo debido a sensacións de incomodidade, pasando o día tocando versións de Green Day no seu lugar.[5] No medio da ruptura de ASOB en 2004, Rosenstock gravou unha canción DIY en solitario baixo o nome de Bomb the Music Industry, que se converteu no seu seguinte proxecto musical.[6] Bomb the Music Industry fíxose coñecida pola súa ética DIY e compromiso coa accesibilidade, gañando a reputación de "o Fugazi para a era do punk en Internet".[7] Tras o lanzamento do primeiro álbum de Bomb the Music Industry, Album Minus Band, Rosenstock fundou Quote Unquote Records, o primeiro selo discográfico baseado en doazóns, distribuíndo todos os lanzamentos do selo dixitalmente a través dun modelo pay what you want (paga o que queiras).[8]

Rosenstock comezou a súa carreira en solitario e 2012 lanzando o seu primeiro "mixtape",[9] I Look Like Shit, dous meses despois de que Bomb the Music Industry! anunciase a súa intención de separarse.[10] Este traballo foi seguido polo proxecto Summer Seven Club en 2013, que concedeu aos compradores do sinxelo de 7 polgadas de Rosenstock "Summer" acceso exclusivo a novas cancións publicadas periodicamente nos meses seguintes. Todos os temas de Summer Seven Club foron despois recompiladas no disco Summer +.[11] O primeiro álbum de estudio de Rosenstock como artista en solitario, We Cool?, foi editado en 2015.[12] O seu segundo álbum en solitario, Worry, apareceu en outubro de 2016. O día de Aninovode 2018 lanzouse o terceiro traballo en solitario de Rosenstock, Post-,[13] e o seu cuarto álbum, No Dream, apareceu en maio de 2020. Unha versión ska de No Dream, titulada Ska Dream, foi editada en abril de 2021.[14] O seu quinto álbum de estudio, Hellmode, chegou en agosto de 2023.[15]

Rosenstock ten tocado tamén con moitos outros grupos de ska e punk rock, como Mustard Plug, The Bruce Lee Band, e AJJ. Tamén actuou cos seus compañeiros en Bomb the Music Industry! Laura Stevenson e Lee Hartney. Algunhas das súas influencias musicais son Tom Waits, Pulp e The Beach Boys.

Tamén traballou como produtor para outros artistas como Mikey Erg, The Smith Street Band, Laura Stevenson, e Dan Andriano. Rosenstock tamén é membro de Antarctigo Vespucci, un proxecto colaborativo co líder de Fake Problems Chris Farren. Ademáia. dende 2014 é membro da banda de ska Bruce Lee Band xunto co fundador de Asian Man Records Mike Park.

Notas

  1. "Jeff Rosenstock". Discogs (en inglés). Consultado o 2023-06-12. 
  2. "Never Get Tired". www.nofuturefilms.com (en inglés). Consultado o 2023-06-12. 
  3. "Jeff Rosenstock on his poppy, self-reflective solo album ‘We Cool?’". Washington Post (en inglés). 2021-12-23. ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-12-14. 
  4. "Jeff Rosenstock Makes Punk Rock for Anxious Jews". Tablet. Consultado o 14/12/23. 
  5. Ali, Reyan (2012-05-25). "Q&A: The Arrogant Sons of Bitches' Jeff Rosenstock On The Joys And Stigmas Of Ska, CBGB Misery And Pranky Vibes". The Village Voice. Consultado o 2023-12-14. 
  6. "Interview With Bomb The Music Industry". Razorcake. 2011-09-24. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. Consultado o 2023-12-14. 
  7. Ozzi, Dan (2014-01-20). "Bomb the Music Industry! Is Dead (Probably, They’re Not Sure But Yeah Whatever, Probably)". Vice (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  8. "Never Get Tired: The Bomb the Music Industry! Story". Consultado o 2023-12-14. 
  9. bombthemusicindustry. "JEFF ROSENSTOCK SOLO "MIXTAPE (?)"". Tumblr. Consultado o 2023-12-14. 
  10. bombthemusicindustry. "HERE COME THE WATERWORKS...". Tumblr. Consultado o 2023-12-14. 
  11. "Summer +, by Jeff Rosenstock". Jeff Rosenstock (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  12. "Jeff Rosenstock "We Cool?" Cassette". Business Casual (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  13. "HELLMODE, by Jeff Rosenstock". Jeff Rosenstock (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 
  14. "Jeff Rosenstock Surprise-Releases Ska-Reimagining of No Dream Called Ska Dream -". mxdwn Music (en inglés). 2021-04-20. Consultado o 2023-12-14. 
  15. Sacher, Andrew (2023-08-31). "Jeff Rosenstock gives 'HELLMODE' surprise early release (listen!)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2023-12-14. 

Véxase tamén

Ligazóns externas