Jean-François Fortin

Modelo:BiografíaJean-François Fortin
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
2 de maio de 2011 – 18 de outubro de 2015 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 41º Parlamento do Canadá (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia (en) Traducir

Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do Quebec em Montreal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Otava
Rimouski (pt) Traducir
Sainte-Flavie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, educador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCégep de Rimouski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloco Quebequense (pt) Traducir
político independente
Strength in Democracy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: fortjf Editar o valor en Wikidata

Jean-François Fortin, nado o 12 de setembro de 1973, é un político quebequés, líder do partido Forzas e Democracia.

Traxectoria

Jean-François Fortin realizou estudos de ciencias políticas na Universidade do Quebec en Montreal, completando os seus estudos cun certificado sobre a política estranxeira da Unión Europea na Universidade de Lión (Francia). Especializouse en análise política e relacións internacional, materias que ensinou no Cégep de Rimouski entre xaneiro de 2001 e maio de 2011.

A súa primeira participación en política foi como concelleiro en Sainte-Flavie (2003.2006), localidade da que foi alcalde en 2009. Nas eleccións federais de 2011 presentouse polo Bloque Quebequés na circunscrición de Haute-Gaspésie—La Mitis—Matane—Matapédia en substitución de Jean-Yves Roy, que por problemas de saúde decidira non presentarse. Resultou elixido nun contexto de baixada electoral para o BQ.

Tras a dimisión de Gilles Duceppe, foi un dos candidatos a liderar o Bloque nas primarias que celebradas en decembro de 2011 pero quedou por detrás de Maria Mourani, e do vencedor Daniel Paillé.[1]

En 2014, apoiou a André Bellavance como líder do Bloque nas primarias dese ano, pero contra prognóstico gañou Mario Beaulieu. O 12 de agosto de 2014 anunciou a súa baixa do partido, non obstante permaneceu na Cámara dos Comúns como independente, denunciando a intransixencia de Beaulieu e a radicalización do que fora o seu partidoi[2], e anunciou a creación dun partido sen liña política e que mirase polos intereses das rexións quebequesas[3].

O 21 de outubro de 2014, co deputado do NPD Jean-François Larose, fundou Forzas e Democracia, un novo partido político quebequés rexistrado federalmente[4].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas