Jean-Baptiste Merjay, nado en Echternach, o 18 de maio de 1811 e finado en Auderghem o 12 de setembro de 1899, foi un militar e político belga.
Biografía
Merjay foi orixinario dunha familia importante da rexión de Echternach, no Luxemburgo, que daquela aínda formaba parte de Francia, como a Bélxica actual. En 1827, foi tambor voluntario na armada neerlandesa. No desenvolvemento da Revolución de 1830, escolle loitar pola independencia da Bélxica. Era sarxento.
En 1832, promociona a subtenente e en 1839, asina a declaración legal pola que expresa o seu desexo de pertencer a Bélxica. Casa en 1849 coa baronesa Marie-Ange de Martigny, tamén orixinaria de Luxemburgo. Neste momento, era capitán e prosegue a súa carreira militar.
Unha semana antes da súa xubilación, o 19 de setembro de 1874, o xeneral maior Merjay promociona a lugartenente xeneral. Foi elixido o 10 de xuño de 1884 deputado da circunscrición de Bruxelas na Cámara e, o 14 de febreiro de 1885, pasa a ser alcalde da cidade de Auderghem. Dimite un ano máis tarde. Unha rúa leva o seu nome.
O seu fillo, Franz Merjay, crea un servizo de alistamento durante a Primeira Guerra mundial mais foi capturado e executado á idade de 65 anos. Unha rúa de Ixelles levará seu nome máis tarde.
Funcións políticas
- 1884 - 1886: deputado belga ;
- 1885 - 1886: Alcalde de Auderghem.