Javier Varela Pérez

Modelo:BiografíaJavier Varela Pérez
Biografía
Nacemento2 de maio de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Antas de Ulla, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Antas de Ulla
1999 – 2023
← José Antonio Varela CasalPilar García Porto → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Antas de Ulla Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiJosé Antonio Varela Casal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1254425

Javier Varela Pérez, nado en Antas de Ulla o 2 de maio de 1964, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Fillo de José Antonio Varela Casal, alcalde de Antas de Ulla. Entrou a traballar no Concello de Antas de Ulla como persoal laboral contratado, xunto coa súa muller. Nas eleccións municipais de 1995 figurou no posto 13 da candidatura do PP en Antas de Ulla. Trala morte do seu pai o 24 de xullo de 1998, sucedeuno interinamente José Robustiano Taboada, ata que a finais de agosto elixíron alcalde a Javier.[1] Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do Partido Popular de Galicia á alcaldía de Antas e logrou a alcaldía con maioría absoluta, sendo ademais designado deputado provincial nese mandato. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nos sucesivos comicios ata que en 2023 foi derrotado polo PSdeG de Pilar García Porto. Nese mandato foi designado deputado provincial.

Varela foi obxecto de dúas auditorías por parte do Consello de Contas de Galicia, motivadas pola demora na presentación dos balances anuais do concello. Tales balances levaban catro anos sen presentarse, os correspondentes ao período 2004-2007. Segundo o alcalde, o motivo foi que o interventor municipal non estaba de acordo cos balances elaborados pola alcaldía. Nese momento a Comisión de Contas municipal levaba 12 anos sen ser convocada.[2]

Varela foi acusado pola oposición de irregularidades na xestión económica do concello, de ocultación de facturas e de opacidade na contabilidade da sociedade municipal Empresa de Promoción Integral do Concello de Antas de Ulla S.L., entre outras acusacións.[3]

Ademais Varela denunciou ter sido suplantado na rede social Tuenti por uns descoñecidos, que terían mantido conversas con menores de idade. A denuncia foi presentada perante a Garda Civil.[4]

En xaneiro de 2016 consolidou catro prazas de funcionario do Concello, a súa propia, a da súa muller, a da muller dun concelleiro do PP e a dunha persoa vinculada ao partido.[5]

En maio de 2023 deuse a coñecer que unhas semanas antes fora multado por dar positivo nun control de alcoholemia[6].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas