Ulpiano Jorge Javier Rodríguez Pampín, coñecido como Javier do Aceiteiro, nado en Melide o 12 de febreiro de 1943 e finado no mesmo concello o 1 de agosto de 2022, foi un político galego.
Traxectoria
Rexentaba o ultramarinos familiar. Foi concelleiro en Melide dende 1974, sendo tenente de alcalde.[1] En 1976 foi nomeado alcalde.[2] Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular (como membro do PDP) e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 13). Foi deputado provincial entre 1979 e 1987. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da CPG, sendo o máis votado pero sen maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de AP que pactou un goberno alternativo cos independentes de Unidade dos Veciños. Á fin dese mandato retirouse da primeira liña política.[3]
Finou en Melide o 1 de agosto de 2022 con 79 anos.[4]
Vida persoal
Casou con Lolita Rodríguez Calvo e foi pai de Mª Dolores, Javi, María e Elena Rodríguez Rodríguez.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos