Javier Perea Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín) o 31 de xullo de 1932 e finado en Ourense o 4 de agosto de 1999,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
No franquismo foi nomeado alcalde do Carballiño en outubro de 1966.[2] Foi deputado provincial e vicepresidente da deputación de Ourense. Foi elixido procurador en Cortes como representantes dos concellos de Ourense en 1971. Permaneu como alcalde até febreiro de 1977, cando abandonou o cargo para presentarse ao Senado nas primeiras eleccións democráticas.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 5-8-1999, p. 56.
- ↑ El Pueblo Gallego, 6-10-1966, p. 17.
Véxase tamén
Ligazóns externas