Javier Meruéndano Fermoso

Modelo:BiografíaJavier Meruéndano Fermoso
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1894 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morteoutubro de 1940 Editar o valor en Wikidata (45 anos)

BNE: XX1364934

Francisco Javier Meruéndano Fermoso, nado en Ribadavia o 30 de novembro de 1894 e finado en outubro de 1940[1], foi un diplomático e político galego.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade de Madrid, rematando en 1917. En 1919, fixo oposicións ao Corpo Consular. Foi destinado ao Consulado de España en Bucarest ata 1924. O Goberno do Xeneral Primo de Rivera destinouno ao corpo de Economía Nacional. En setembro de 1926 foi nomeado cónsul de Tampa até 1928, cando pasou a ser Representante Diplomático na República de Santo Domingo. Durante a República, nomeárono cónsul de España en Roma de 1931 a 1933, ano en que pasou a Agregado Comercial da Embaixada en París. En 1934 foi Director xeral de Comercio e Política Arancelaria. Recibiu unha homenaxe en Ribadavia o 28 de agosto de 1935.

En novembro de 1936 foi destinado á Secretaría do Xefe do Estado en Salamanca. Despois foi Director Xeral de Comercio até 1939, cando pasou á Embaixada de París. Regresando a España a finais de 1939 para ser conselleiro comercial do Ministerio de Industria.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas