Javier Insua foi un xornalista galego na Arxentina.
Traxectoria
Emigrou a Buenos Aires. Foi un dos fundadores da asociación cultural A Terra constituída en 1917,[1] que ao ano seguinte se converteu en asociación galeguista;[2] e foi elixido secretario do Ateneo Casa de Galicia en 1921.[3] Foi redactor de Acción Gallega e Terra, onde se ocupaba sobre todo da crítica literaria.
Notas
- ↑ El Diario de Pontevedra, 26-7-1917, p. 2
- ↑ El Progreso, 28-3-1918, p. 1.
- ↑ El Correo de Galicia, 28-8-1921, p. 2.