Javier Fernández López, nado en Madrid o 15 de abril de 1991, é un patinador artístico sobre xeo, dúas veces campión do mundo (2015 e 2016), sete veces consecutivas campión de Europa (2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018), bronce olímpico no 2018, tres veces medallista da Final do Grand Prix (2014–15, 2015–16 e 2011–12), e oito veces campión nacional de España.
Foi o segundo patinador masculino en superar a barreira de 100 puntos no programa curto,[1] a barreira dos 200 puntos no programa longo,[2] e a barreira dos 300 puntos na puntuación total.[3] A data de maio de 2017 posuía as segundas mellores puntuacións nos dous segmentos e a terceira máis alta na puntuación combinada.[4][5][6]
Fernández representou a España nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, nos de 2014 como abandeirado e nos de 2018. Foi o primeiro patinador español en gañar unha medalla no Campionato ISU e nun evento do Grand Prix ISU.[7][8]
Recibiu a Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo do goberno español o 19 de abril de 2016.[9]
Notas