Javier Casqueiro, nado en Ferrol[1] en 1962, é un xornalista galego.
Traxectoria
Xa de neno se mudou a Madrid coa familia e cursou estudos en colexios e institutos desa cidade. Licenciouse en Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid[2]. A mediados da década dos oitenta comezou a traballar en La Voz de Galicia, e en 1990 trasladouse a Madrid para traballar no xornal El País, onde primeiro se ocupou da información de carácter local e despois da información política. En 2002 marchou de correspondente dese mesmo xornal a Washington. En 2005 abandonou ese medio e regreou a España para dirixir a sección de Nacional (información de política española) na cadea de televisión Cuatro. En 2010 regresou de novo a El País para facerse cargo como redactor xefe da sección Nacional e Política. A partir de 2015 trasladouse a Rabat, onde exerceu como correspondente para o seu xornal para os países do Magreb[1].
Notas