Jason Andre Caffey, nado o 12 de xuño de 1973 en Mobile, Alabama, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Pasou toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA), onde gañou dos campionatos cos Chicago Bulls nas tempadas 1995–96 e 1996–97.
Traxectoria profesional
Caffey foi seleccionado na 20ª posición do Draft da NBA de 1995 polos Chicago Bulls, onde conseguiu dous aneis consecutivos, en 1996 e 1997, acadando 7.3 puntos por encontro na súa derradeira tempada en Chicago.
Antes de poder gañar o seu terceiro campionato consecutivo cos Bulls, foi traspasado a mediados da 1997–98 ós Golden State Warriors. No verán de 1999, asinou un novo contrato cos Warriors por sete anos e 35 millóns de dólares. Na súa última tempada con Golden State, acadou 12.0 puntos e 6.8 rebotes por encontro.
Na tempada 2000–01 uniuse ós Milwaukee Bucks, cos que xogou durante tres tempadas antes de que a súa carreira rematara debido a problemas persoais, incluíndo un ataque de ansiedade en 2002[1] e unha acusación por agresión en 2003.[2] Antes do comezo da tempada 2003–04, os Bucks rescindiron o contrato de Caffey.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
- Adestrador: Phil Jackson / Adestradores asitentes: Tex Winter
- Bill Cartwright
- Jimmy Rodgers
- Frank Hamblen
|
|