"Jam" é unha canción de Michael Jackson. É o cuarto sinxelo do álbum de 1991 Dangerous. Aparece como a primeira pista de Dangerous e como a número 2 no álbum de 2009 This Is It. O sinxelo foi relanzado no 2006 como parte do coleccionable Visionary: The Video Singles e foi remesturado para a xira de Cirque du Soleil Immortal World Tour. "Jam" é unha mestura de hard funk, dance e rap, ou funk hip hop. No vídeo musical aparece a lenda da NBA Michael Jordan (o outro "MJ").
Notas
- ↑ "Dangerous". Sputnik Music. Consultado o 21 de xuño de 2009.