Corey Jae Crowder, nado o 6 de xullo de 1990 en Villa Rica, Xeorxia, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria
Crowder foi seleccionado na 34ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Na mesma noite do Draft, foi traspasado xunto a Jared Cunningham e Bernard James ós Dallas Mavericks a cambio de Tyler Zeller e Kelenna Azubuike.[1]
O 18 de decembro de 2014, Crowder foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Brandan Wright e dúas eleccións do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.[2]
O 22 de agosto de 2017, Crowder foi traspasado xunto a Isaiah Thomas, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.[3]
O 8 de febreiro de 2018, Crowder foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Cavaliers e ós Sacramento Kings.[4]
O 6 de xullo de 2019, Crowder foi traspasado xunto a Grayson Allen e Kyle Korver ós Memphis Grizzlies, a cambio de Mike Conley Jr..[5]
O 6 de febreiro de 2020, Crowder foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre tres equipos.[6]
O 28 de novembro de 2020, Crowder asinou cos Phoenix Suns.[7]
O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Crowder ós Brooklyn Nets xunto a Mikal Bridges, Cameron Johnson e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.[8] O traspaso acabouse convertendo nun traspaso entre catro equipos, e Crowder rematou traspasado ós Milwaukee Bucks.[9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|