Jacobo Gil Villanueva, nado en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 1831 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1906, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
Doutor en Xurisprudencia pola Universidade Central de Madrid, foi catedrático de Dereito Mercantil na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
O personaxe "don Servando" da novela La Casa de la Troya está inspirado na súa figura.
Obras
- De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones, 1880.
- Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros, 1889.
Véxase tamén
Bibliografía