Jacinto Fernández Lago foi un político galego.
Traxectoria
Foi concelleiro en Tui en 1928. Na Segunda República foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril e foi primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde José Garra Garra en decembro de 1933, foi elixido alcalde de Tui o 3 de xaneiro de 1934, permanecendo no cargo ata o 16 de outubro dese ano cando foi destituída a Corporación. Integrouse en Izquierda Republicana. Volveu ser alcalde o 21 de febreiro de 1936, cando foi reposta a corporación elixida en 1931, pero o 9 de marzo dese ano presentou a dimisión. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1941.
Véxase tamén
Bibliografía
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.