Iñaki López

Modelo:BiografíaIñaki López
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Portugalete, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco
Santa Maria Ikastetxea Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Familia
ParellaAndrea Ropero Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3885588 Twitter: _InakiLopez_ Editar o valor en Wikidata

Iñaki López Roldán, nado en Portugalete o 4 de agosto de 1973, é un xornalista e presentador vasco, que desempeñou a meirande parte da súa carreira profesional en programas do grupo EITB, a radiotelevisión pública vasca. O seu recoñecemento no eido nacional débese ó espazo La Sexta Noche, da canle española La Sexta.

Traxectoria

Formación

Iñaki López licenciouse en xornalismo pola Universidade do País Vasco no ano 1996, pero xa dende 1993 compaxinou os seus estudos coa presentación de diversos programas nas emisoras locais TeleBilbao e Radio Nervión.

TeleBilbao

As súas primeiras aparicións en TeleBilbao consistían en preguntas de rúa acompañado dun cámara e micrófono en man. O seu labor era percorrer as rúas de Bilbao preguntando aos cidadáns. Máis tarde copresentou durante varias tempadas o programa Radio a la vista e tamén participou no magacín tertuliano Kapital Vip, presentado por Joseba Solozábal.

En 1996 presentou o programa Que te doy con el pico de la plancha, un programa de debate con chamadas do público e uns 6 debatentes, onde se discutía sobre diferentes temas como a Igrexa, o sexo, etc., e onde un dos invitados foi o actor e produtor porno Torbe.

Tamén presentou o programa de cociña Las recetas de José Juan Castillo, xunto con este chef (xerente do restaurante Casa Nicolasa). Este programa púidose ver a nivel nacional a través da rede Local Media TV.

ETB

En 1999 dá o salto a ETB2 da man de Antxon Urrosolo, con quen colabora no programa 100% vascos. Nese mesmo ano, acompaña a Emma García na condución do magacín El submarino amarillo.

Pouco despois, incorpórase ao persoal da produtora K2000 como colaborador en Lo que faltaba, programa presentado por Yolanda Alzola e Txetxu Ugalde, que se mantén en antena até abril de 2004.

Entre 2001 e 2003, ademais, a cadea encárgalle a presentación, xunto a Adela González, do magazine de sobremesa Mójate, que substitúe a Lo que faltaba durante os meses de verán.

En 2003, despois de deixar Lo que faltaba, estrea en solitario Buen rollito, programa de vídeos que compaxina co late-show La gran evasión, presentado por Carlos Sobera e producido por El Terrat para ETB2. Cando Sobera abandona o proxecto, a cadea decide adaptar o programa, que pasa a chamarse Algo pasa con López e que continúa en antena até o verán de 2004.

Dende o mes de maio de 2004 até o 12 de febreiro de 2010 López copresentou xunto a Adela González o magazine de actualidade en directo Pásalo. Foi un formato novo polo que pasaron oitenta colaboradores. Non estaban ligados necesariamente aos medios de comunicación e representaban ás diversas sensibilidades sociopolíticas do País Vasco e de Navarra. Nun primeiro momento, a xornalista Adela González ía ser a encargada de presentar o programa en solitario, pero finalmente, a produtora acordou a incorporación de Iñaki López, en calidade de copresentador. Alcanzouse a cifra de 1.418 programas.

A partir do 25 de xaneiro de 2010 Iñaki López comezou a presentar os debates do acontecido no programa El conquistador del fin del mundo. Acompañábanlle no programa Berta López e Javier Maldonado. Foi substituído por Patxi Alonso cando en decembro de 2012 fíxose público que La Sexta estaba a buscar un debate para a noite dos sábados e fichou a Iñaki López, xunto con Andrea Ropero.

En 2014 regresou a ETB co programa Iñaki & Cía no que realizaba entrevistas a diversas celebridades.[1]

Cuatro

En marzo de 2010 anúnciase a fichaxe de Iñaki López por Mediaset España para a presentación do concurso de nova creación Justo a tiempo en Cuatro. En abril de 2010 retírase da programación por non alcanzar os obxectivos de audiencia.

La Sexta

Dende xaneiro de 2013 a setembro de 2021 presentou e moderou La Sexta noche, un programa que abordaba a actualidade social da semana e no que varios tertulianos analizaban dende distintos puntos de vista a actualidade máis recente. Despois pasaría a presentar o programa Más vale tarde xunto con Cristina Pardo.

Ademais, o 1 de xullo de 2017 retransmitiu a manifestación e o desfile do WorldPride Madrid 2017 xunto con Cristina Pardo. Tamén con ela, presentou as badaladas de Noitevella de 2017, 2018, 2019 e 2020 para La Sexta.

Atresplayer

Dende o 24 de maio de 2020 presenta en Atresplayer a serie documental sobre artistas españois Pongamos que hablo de...

Vida persoal

A súa parella é a xornalista Andrea Ropero, con quen copresentou La Sexta Noche entre 2013 e 2019. En setembro de 2017 a parella tivo o seu primeiro fillo, ao que chamaron Roke,[2] en referencia a San Roque, patrón de Portugalete, a vila natal de Iñaki López.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas