Comezou a cantar en tabernas en 2014. Formou grupo co batería Oriol Flores, e despois el trouxo tamén a Iker Lauroba, Ane Bastida e Julen Barandiaran. En 2016 publicou o seu primeiro álbum titulado Om, para o que compuxo todas as letras e a música. Moitas das cancións son en éuscaro, aínda que tamén canta en castelán e en inglés.[1]
En 2017 tamén ten feito varias colaboracións, cantou na vixésima edición da Korrika[2] e tamén gravou un videoclip para a canción "Aske maitte" co grupo biscaíñoGatibu. O seu segundo traballo titúlase Hankapuntetan I e en 2018 publicou o seu terceiro álbum titulado Eason.[3]