Iván Fernández Prado[1], máis coñecido como Iván Prado, nado en Lugo en 1974, é un pallaso, actor e director teatral galego.
Traxectoria
Como pallaso formouse con outros especialistas nesta disciplina: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier ou Jango Edwards, entre outros.
É director de espectáculos e eventos como Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Magiclown ou Terractiva (Feira Ecolóxica de Arzúa), membro da compañía teatral Os Sete Magníficos máis Un e socio dunha empresa de distribución cultural.[2]
Ten promovido e participado en diferentes causas solidarias, como o Festiclown Palestina 2011 [3] ou o Festiclown Wirikuta (México) 2012 [4]. Precisamente, o apoio á causa palestina valeulle en 2010 ser retido e deportado no aeroporto israelí Ben Gurion [5][6].
Notas