Iuri Pavlovich Gidzenko, nado en Elanets (Oblast de Mikolaiv) o 26 de marzo de 1962, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102, e ademais foi membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Gidzenko graduouse na Escola Superior de Pilotos Militares en Khárkiv (Ucraína) en 1983 e na Universidade do Estado de Xeodesia e Cartografía en Moscova en 1994.[1]
Adestrouse para ser cosmonauta entre decembro de 1987 e xuño de 1989. Participou nas misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102 e foi membro da Expedición 1 á ISS. Pasou un total de 329,95 días no espazo.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos