Itxu Díaz, nado na Coruña o 13 de xullo de 1981, é un xornalista e escritor satírico galego.
Traxectoria
No ano 2001 fundou a revista dixital de música española Popes80. En 2006 lanzou o primeiro confidencial especializado en música, El Confidencial Musical, e foi un dos impulsores da creación de Pideunconcierto.com e a revista Music As Follows. Colaborador de El Confidencial Digital desde 2003, onde asinou ata 2012 unha columna de actualidade cun estilo satírico, 'Haciendo Amigos', que desde entón pasou a publicar en Gaceta.es. Tamén colaborou con artigos de opinión co título 'Esta es mi última página', na revista revista Época que despois pasaron ao diario La Gaceta, para o que tamén escribe a sección 'La Parrilla', onde comenta con humor as fotos da actualidade. Colaborou tamén en varios programas radiofónicos, na cadea SER, City FM Radio ou Radio Intereconomía. Ademais, é responsable da axencia de noticias Dicax Press, especializada en cultura, música, lecer e sociedade.
No ano 2006 publicou o seu primeiro libro, a colección de artigos Haciendo Amigos[1] prologado por El Pulpo de Cadena 100. En 2007 apareceu a súa primeira novela, Ganador Perdido, unha novela cómica que narra as aventuras dunha ex-estrela do rock.[2][3] E en 2008 asinou un libro de humor e actualidade política titulado ¡Un ministro en mi nevera![4] Xa en marzo de 2012 editou Yo maté a un gurú de Internet, un ensaio humorístico.[2] No cabo dese anos saíu do prelo 'Los Clones, un libro muy serio', unha biografía do dúo humorístico Los Clones.
Foi guionista e copresentador do programa de humor No me lo quiero creer de Intereconomía TV[5], e participa habitualmente de debates como Dando Caña ou El Gato al Agua. Foi director, entre 2013 e 2014, do fotoperiódico The Objective. Desde o 3 de novembro de 2014 publica no diario La Región[6] a súa páxina "Haciendo amigos".
En abril de 2015 publicou o seu sexto libro, Aprende a cocinar lo suficientemente mal como para que otro lo haga por ti.[7] No 2020, publicou Todo iba bien, un libro que é unha sátira sobre os libros de autoaxuda.[8]
Obras
Colaboracións
- De Juan, Federico; González, Luis Ignacio. Colaborador Itxu Díaz. Los Clones. Un libro muy serio (2012) Editorial Ciudadela ISBN 978-8415436270
Notas
Véxase tamén