Isle de Jean Charles, Louisiana


Modelo:Xeografía físicaIsle de Jean Charles, Louisiana
Imaxe
Tipoilla
comunidade não incorporada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaParóquia de Terrebonne, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 29°23′40″N 90°29′16″O / 29.394518, -90.487752
Bañado porGolfo de México Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,3 (ancho) × 2,8 (lonxitude) km

Isle de Jean Charles (en lingua francesa de Louisiana como Isle à Jean Charles e en galego como a Illa de Xoán Carlos) é un cume estreito de terra entre Bayou Terrebonne e Bayou Pointe-au-Chien en Terrebonne Parish, Louisiana. É o fogar de moitos membros da tribo Biloxi-Chitimacha. A poboación indíxena da illa hoxe en día é de aproximadamente 25 familias.

En 1950 tiña preto de 17 quilómetros de longo e 8 quilómetros de ancho. No ano 2014 constátase que ten só 3,2 quilómetros de longo.

Situada no estado máis ao sur de Luisiana, entre os pantanos da parroquia de Terrebonne Parish, a illa experimenta o mesmo fenómeno que afecta a todo o litoral do estado e as súas zonas húmidas, é que están lentamente a desaparecer baixo as augas do golfo de México. Estímase que 75 quilómetros cadrados de terreo son perdidos cada ano nos Estados Unidos de América, o US Geological Survey advirte que a zona da Isle de Jean Charles contén o 40% das zonas húmidas dos Estados Unidos de América, e que estas mesmas poden desaparecer en dous séculos.

A perda destes terreos é por mor dun proceso evolutivo natural, segundo ós especialistas, pero tamén advirten que hai factores humanos, como os diversos canais de dragaxe ou o desecamento dos pantanos, deixando a rexión máis vulnerable ás tempestades e ás mareas.

Cottage Films documenta a vida na illa desde xaneiro do ano 2010 para un filme chamado Can't Stop The Water. Tamén hai outro documental enfocado á illa chamado "Last Stand on the Island". O director Benh Zeitlin dixo en entrevistas que a Isle de Jean Charles foi a inspiración para a definición xeográfica de "The Bathtub", sendo representado nunha illa fictícia; Beasts of the Southern Wild.

O filme -nomeado ós Óscar en 2013, entre eles ao mellor filme- fala da perseveranza e a coraxe ante a perda e o cambio climático que afecta á illa de Luisiana.

Véxase tamén

Ligazóns externas