Isidoro Rodríguez Pérez, nado no barrio de Magoi (Lugo) en 1958[1], Enfermeiro de profesión, profesor universitario e un especialista en folclore galego.
Traxectoria
A súa infancia transcorreu entre Lugo e Portomarín onde ten a súa casa petrucial. Trala Diplomatura en Enfermaría, licenciouse en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, onde posteriormente realizou a súa tese de doutoramento "Os modelos culturais de enfermaría:unha alternativa ao exercicio da profesión" . É profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.
Dende 1975 forma parte da Agrupación Cantigas e Flores de Lugo. Así mesmo, foi un dos membros fundadores e o presidente da Asociación de Profesores de Baile Tradicional Galego e membro fundador da Agrupación Folclórico Cultural Reviravolta. Tamén preside o Colectivo Cultural María Castaña de Lugo.
En 2013, foi un dos membros fundadores da Academia de Enfermaría de Galicia, institución que preside dende o ano 2018.
Obra
- Método de baile galego I (iniciación) (Ophiusa, 1995) (en colaboración)
- A etnografía e o folclore galego na educación artística (2004).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas