Isabela é a maior illa do arquipélago das Galápagos, administrada por Ecuador. Ten unha área de 4.588 km² e é a maior illa das Galápagos.
O seu nome vén da raíña Isabel I que patrocinou a viaxe de Cristovo Colón no que descubriu o Novo Mundo. O seu punto máis elevado é o volcán do lobo cunha altura de 1.707 m. A forma da illa é o produto da fusión de varios grandes volcáns, con case 2.000 m de altitude, nunha única illa.
Isabela tamén é un cantón do Ecuador cuxa capital é a localidade de Puerto Villamil, a maior da illa e a terceira maior do arquipélago, situada na punta sueste da illa.