Isabel Sánchez Montenegro, nada en Monterroso en 1961 e finada en Monforte de Lemos o 4 de xuño de 2020,[1] foi unha mestra e política galega do BNG.
Traxectoria
Mestra de Educación Primaria, era especialista en Ciencias Sociais e Educación Infantil. Traballou en Monforte de Lemos. Dende 2007 formou parte do goberno municipal de Monforte de Lemos como Concelleira de Medio Ambiente, Educación e Xuventude. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2009.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas