Isabel López Lajas|
Nacemento | 1884 |
---|
Morte | 1967 (82/83 anos) |
---|
|
Ocupación | escritora |
---|
Isabel López Lajas, nada en Valverde do Fresno, Estremadura, en 1884 e finada en 1967[1], foi unha escritora en galego de Estremadura.
Traxectoria
Estudou no colexio do seu concello natal e cando rematou a escola primaria non continuou cos estudos, pero continuou lendo, e as lecturas de Rosalía de Castro fixéronlle identificar a súa lingua coa da escritora galega.[1]
Persoa moi relixiosa, estableceu unha escola dominical para aprenderlles a ler e escribir ás rapazas da zona, que co tempo ampliou ós rapaces e a todos os días da semana.[1] Nesa escola organizou un grupo de teatro, para o que escribiu sainetes en valverdeiro de contido moralizante que se representaron entre a Segunda República Española e os anos 1950.[1][2] Foron os primeiros textos escritos en valverdeiro.[2] 1998 Xosé Henrique Costas publicou seis destes sainetes.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Fontán, Sara (27 de maio de 2013). "Isabel López Lajas i u teatru (en) valverdeiru". Sierra de Gata Digital. Consultado o 14 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Costas González, Xose Enrique (1999). "Valverdiano, lagarteiro e mañego". En Fernández Rey, Francisco; Santamarina, Antón. Estudios de sociolingüística románica : linguas e variedades minorizadas. [Santiago de Compostela]: Universidade de Santaigo de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. pp. 86–103. ISBN 9788481217728. OCLC 42932999.
- ↑ López Lajas, Isabel (1998). Seis sainetes valverdeiros (1ª ed ed.). [Santiago de Compostela]: Positivas. ISBN 9788487783487. OCLC 432993852.