Isabel Ángela Cendán Fernández-Peinado, nada en Madrid o 11 de maio de 1976, é unha procuradora, artesá e política galega.
Traxectoria
Naceu en Madrid, aínda que sempre viviu en Lugo. Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, e posúe ademais dous títulos de mestrado en mediación familiar e en servizos sociais. Traballou como avogada e dende 2007 é procuradora. Durante un tempo, combinou esta actividade coa elaboración e venda de xoias e complementos.
Politicamente, afiliouse a Cidadáns - Partido da Cidadanía, e integrou a lista desta formación nas eleccións locais de Lugo, en 2015. Ía de número 6, e a candidatura acadou dous concelleiros na cidade. Meses despois presentouse en 2015 ao proceso de primarias para escoller o candidato desta formación ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo, onde resultou elixida para encabezar a lista.