Isabel Blanco (deportista)

Modelo:BiografíaIsabel Blanco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Bergen, Noruega Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaNoruega Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPívot Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Larvik HK

IMDB: nm5711164 Editar o valor en Wikidata

Isabel Blanco, nada o 10 de maio de 1979 en Bergen (Noruega), é unha xogadora de balonmán norueguesa de ascendencia galega.

Traxectoria

Filla do futbolista Fernando Blanco Jiménez, que chegou a xogar co Deportivo da Coruña, naceu en Noruega, onde os seus pais estaban instalados. Comezou a xogar ao balonmán nese país, no Kjøkkelvik. Despois fichou polo Vadmyra, polo Nordnes de Bergen, polo Tertnes e finalmente marchou a xogar a España ao Club El Ferrobús Mislata, de Mislata (Valencia)[1]. Logo dunha tempada xogando en España fichou polo Ålborg DH dinamarqués e despois polo Ikast-Brande Elite Håndbold do mesmo país.

Representou a Noruega internacionalmente, e conseguiu coa súa selección a medalla de ouro nos campionatos de Europa de balonmán en 2004[2] e en 2008[3]. Ademais, obtivo medallas de prata nos campionatos dinamarqueses de 2005 e 2008, e unha de bronce en 2006. Foi escollida nese ano tamén pivote do ano da liga dinamarquesa.

Notas

  1. Christiansen, Anders K. (11/12/2004). "- Vi bør slå Spania". VG (en Norwegian). Consultado o 15 de decembro de 2008. 
  2. "6th European Handball Championships – Hungary 2004 – Team Norway" Arquivado 18 de xullo de 2011 en Wayback Machine.(consultado por última vez o 25 de febreiro de 2008, ilocalizable en decembro de 2008)
  3. Isabel Blanco, una noruega de origen gallego, entre las campeonas de Europa, La Voz de Galicia, 15/12/08 (en castelán)