Isaac o Armenio

Modelo:BiografíaIsaac o Armenio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Armenia Editar o valor en Wikidata
Morte643 Editar o valor en Wikidata
Panaro, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Exarca de Ravenna
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor en Wikidata

Isaac o Armenio foi un exarca de Rávena. A cronoloxía do exarcado neste período é incerto: ou ben sucedeu a Euselno e serviu de c. 625 ao 644 ou sucedeu a Eleuterio, e serviu do 620 ao 637.

Traxectoria

En 638 o emperador bizantino Heraclio esixiu que o novo Papa Severino asinase a súa Ecthesis, unha profesión de fe monotelista. Severino negouse; Heraclio negou recoñecemento ao Papa e enviou un oficial chamado Mauricio a negociar co Papado. Mauricio, tras chegar a Roma, apoderouse do Laterano e animou a Isaac a vir á cidade. Isaac fixo tal; Viviu por un tempo no Laterano e con Mauricio saqueou o palacio. Parte do tesouro foi enviado a Heraclio; a parte restante foi para o exarca. Un tempo despois Mauricio tentou repetir a acción, pero para evitar compartir as riquezas negou recoñecemento ao exarca. Isaac daquela prendeu a Mauricio e executouno.

Isaac tamén fixo fronte aos longobardos, con pouco éxito. O seu rei, Rotario, conquistou todas as posesións imperiais en Liguria, así como tamén Emilia, sobre 643. Librouse unha batalla entre os longobardos e tropas do Exarcado preto de Panaro e acabou cunha derrota dos bizantinos e a perda de miles de soldados. O mesmo Isaac probabelmente atopou a morte loitando cos longobardos. Sucedeuno como exarca Teodoro I Calliopas.

Hai un sarcófago de Isaac situado no Sancta Sanctorum, que contén representacións de David, a adoración dos magos, e Lázaro.

Exarcado de Rávena

Segue a:
Eleuterio
Isaac o Armenio
Precede a:
Platón
-

Bibliografía

  • J. B. Bury, History of the Later Roman Empire, Macmillan & Co., Ltd., 1923 (en inglés).