Irissa ou Lairissa é un terçon tradicional do Val de Arán, utilizado como circunscrición territorial para as eleccións ao Consello Xeral de Arán. Correspóndese cos municipios de Arres, Es Bòrdes e Vilamòs.
Formouse no século XVI ao dividirse en dous o antigo terçon de Bossòst. Dende a restauración da estrutura administrativa tradicional do Val de Arán en 1990, elixe 1 dos 13 conselleiros do Consello Xeral de Arán.