Iris María Gey López, nada na Coruña en 1983, é unha filóloga, escritora e cantante galega. Actualmente, imparte aulas de lingua e literatura galega no CPI Tomás Terrón Mendaña, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, é profesora de lingua galega e lingua española. Colaborou no Anuario Brigantino. Gañou o primeiro premio de narrativa no certame literario organizado pola UDC no ano 2012 co relato "Nós, os degradados" e o primeiro premio no certame literario na modalidade de narrativa organizado polo concello de Mugardos no 2013 co texto "Cesárea de berro"[1]. Foi accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 2016 co relato "Cranios privilexiados"[2]. Tamén colabora co músico Xoán Curiel como cantante[3][4], co que lanza un disco en 2021, "Treides comigo", sobre a lírica galego-portuguesa, interpretando as cantigas de amigo, amor e escarnio e maldizer de 11 trobadores do Camiño de Santiago desde unha perspectiva moderna, nun estilo "pop medieval".[5]
Notas