Iria Veiga Ramos, nada en Ferrol en 1981,[1] é unha médica psiquiatra interesada na divulgación científica e na lingua galega. É creadora do programa de directos en galego de Balea Vermella xunto con Javier Balea.
Traxectoria
É médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Mantén o blog O outro lado do espello e participa nas iniciativas divulgadoras Escépticos no Pub e Pint of Science.[2]
En 2017 gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo Inchazón. En 2018 participou no LGx15 coa intervención Síndrome do Noroeste e en Malas linguas da Deputación da Coruña.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas