Iria Taibo Corsanego, nada na Coruña en 1977, é unha tradutora e intérprete galega, deputada no Parlamento de Galicia no grupo do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
Fixo un grao de Tradución na Universidade de Vigo e é presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.[1]
Nas eleccións municipais de 2023, presentouse no número 2 da candidatura do BNG por Oleiros,[2] mais non saíu elixida.
Foi a número 3 na lista da súa formación, na súa provincia, nas eleccións xerais de España de 2023.
Presentouse nas listas do BNG[3] ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 pola provincia da Coruña no posto número 8[4] saíndo elixida deputada.
Ten colaborado con artigos en Nós Diario.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos