Irene Souto Blázquez, nada na Coruña en 1981,[1] é unha enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, licenciada en Dereito e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria. Traballa na Autoridade Portuaria da Coruña, onde é a xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial. En 2021 foi elixida como unha das "Top 100 Mujeres Líderes de España".[2]
Traxectoria
Irene Souto é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria pola Universidade da Coruña e licenciada en Dereito pola UNED.[1]
Comezou a súa carreira profesional na consultoría de enxeñería galega, ICEACSA. No ano 2007 incorporouse ao equipo directivo da Autoridade Portuaria da Coruña, onde desempeña o posto de Xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial.[3][4]
Ao longo da súa traxectoria recibiu varios premios: "Premio Modesto Vigueras 2015", nomeada "Referente Galega" por Executivas de Galicia e Top 100 Mujeres Líderes de España en 2021.[5]
Notas